Visita á planta de reciclaxe de Cerceda

Hoxe as clases de 4º A e 4ºB emprendemos un longo viaxe ata Cerceda para coñecer de primeira man a planta de reciclaxe. Alí acolléronnos de maneira moi amable.


Nun primeiro momento deron unha pequena charla sobre a reciclaxe e explicaron que é o que realmente se fai nese lugar.



Recordáronnos como se usa de forma axeitada cada contendor e puxeron a proba os nosos coñecementos sobre o tema.



 As nosas dúbidas xurdiron co contendor de vidro así que queremos recordarvos, que só a ese contendor van os envases de vidro (Os vasos non son vídrio, os espellos non son vidro...). Para telo máis claro todo o que sirva de envase considérase vidro (botellas de viño, envases de cristal de pementos ou conservas:.. ) Só o bote,  a tapa debe ir ao AMARELO ou chamado de ENVASES LIXEIROS.

Despois continuamos a nosa excursión polas instalacións en bus.

Alí descubrimos a grande cantidade de lixo que xeramos e isto é diariamente. De feito dende Vigo chega un tren diario co noso lixo.



Aquí xestionase o contendor amarelo ou de envases lixeiros e a bolsa negra que tiramos ao contendor de resto ou fracción (ao verde que todos coñecemos)
Todos os envases son sometidos ao calor para que se evapore os restos de comida, auga ou líquidos que conteñan (de aí parte do cheiro que se facía dificil de aguantar). Unha vez todo estea seco, clasifícase e empacan a presión para enviar aos centros recicladores.

Con respecto á bolsa negra ou o lixo que enviamos ao contendor de resto ou fracción é sometido a un proceso de selección no que se intentan por diferentes técnicas separar materiales reciclables como aceiro, vidro ou aluminio que foi enviado de forma incorrecta a esa bolsa. Unha vez todo estea separado e os residuos estean secos e enviado a unha grande caldeira por esta especie de tobogán.




Os restos queimanse e con eles xeráse enerxía termoeléctrica, é dicir, electricidade para casas e empresas. De feito pódese ver unha grande cheminea co fume que se xera, o cal pasa por un sistema de tratamiento para su depuración e así contaminar o menos posible



Finalmente o que máis nos sorprendeu que hai residuos que como non se poden reciclar, nin queimar polo perigosos que son e os niveis de contaminación que xeran, estes son gardados coidadosamente en bolsas preparadas e illadas das instalacións creandose un gran muro, á espera de que se atope un sistema de reciclado axeitado nun futuro ou se lle dea outro uso.



Comentarios