Creando o noso animal imaxinario

Dende a área de naturais e lingua galega estamos a traballar os animais, pero tivemos o reto de crear o noso animal imaxinario mesturando animais ou utilizando a nosa imaxinación e empregando materiais reciclados.Este foi o resultado:

Saul preséntanos ao seu león alado feito cunha botella de plástico, cinta de papel, lá, gomaeva e cartón


Irene Alonso preséntanos a este ser máxico que chegou do espazo. Ten a habilidade de cambiar de cor e adaptarse ao medio. A súa comida favorita son os insectos, aínda que come de todo coma nós.
Está feito de botella de plástico, tapóns, papel albal, lá, palillos de chupas...


 Daniela Cameselle preséntanos a esta animal tan peculiar, GUP, mestuRa de gato, pingüín e unicornio, ao que lle encanta nadar en augas cálidas e caza ás súas presas teletransportándose.
Está feito cunha garrafa de auga, cartón, tubo de papel hixiénico...


Martina móstranos una especie rarísima chamada Pedrafas, metade peixe, metade xirafa que vive no mar e ten os poderes máxicos de escupir lume pola boca e camuflarse grazas a uns peliños de cores que ten no pescozo.






Hugo preséntanos a Krakegat, con cabeza e cara de Kraken e patas de gato. Aínda que parece un animal manso e agarimoso e moi perigoso e é mellor non achegarse a el. Debido a súa respiración cutánea pode desprazarse na auga ou na terra. Así que OLLO!!!



 Ana invítanos a coñecer a cergal, unha combinación de porco, con ás de dragón e follas no lombo que é capaz entre outras cousas de voar, lanzar raios x cos seus ollos e crear tsunamis de barro....





 Ademáis dos anteriores que xa eran bastante peculiares:


Sofía preséntanos o cebramenco, corpo de flamenco e patas de cebra




Alba atopou este hamgón, con cabeza de hámter e corpo de dragón



Rocío preséntanos a gatopersoapavo ¿Sabes de que animais se compón e cada parte a quen pertencen?



Irene González fixo unha expedición e estudiou en profundidade a este pequeno Zingreen, de feito, estudiouno tan ben que puido facerlle unha pequena ficha de investigación e radiografía. Descubriu que este pequeno reptil de cor verde intensa é herbívoro e pode vivir ou ben en árbores ou ben en madrigueiras que escava coa súa saliva. Ten unha pel grosa, 4 patas e dúas bonitas ás de cor branca....




Estes son algúns das moitas novas especies de animais que descubrimos ....

Comentarios