Charla de reciclaxe


A pesar de que os nosos especialistas en reciclaxe de 4º tiñan claro moitas cousas, sempre xorden dúbidas así que nosa especialista de SOGAMA viunas a solventar.
Por exemplo: O contendor amarelo tamén chámase de envases lixeiros e alí tírase non todo o plástico, senon o que se considera envase....Así que xa sabess... ALÍ SÓ ENVASES. Ademáis nel tamén teñen cabida os bricks e as latas.

O contendor verde ou tamén coñecido por eles como órganico, ten o nome oficial de Resto- Fracción e nel vai todo o que non ten cabida nin no azul (de papel,cartón), nin no de vidro, nin no amarelo (de envases lixeiros), nin incluso nas composteiras...

Así trala charla puxeron a proba os seus coñecementos...



Comentarios